|
CULTURA
Papá Noel e os seus Elfos da Casa sairán ás seis e media dende o auditorio para asistir o acendido do Nadal na praza de Galicia |
|
Papá Noel, Adelfa, Rodelfo e todos os Elfos da Casa xa teñen todo listo para asistir mañá ao acendido das luces de Nadal. A comitiva sairá ás seis media da tarde da praza da II República para chegar ás sete á de Galicia, onde se iluminará a gran árbore e con ela, os centos de arcos e outros adornos luminosos dispostos pola cidade. Despois, Papa Noel recibirá aos nenos e nenas que o desexen. A Escola de Música Coda ten preparado un espectáculo con algunha sorpresa que promete non deixar a ninguén indiferente. A única dúbida é o tempo meteorolóxico, con perspectivas de chuvia case ao cincuenta por cento. Por esta razón, ata o mediodía de mañá non se poderá anunciar se se mantén o programa tal e como foi deseñado ou se, polo contrario, tanto a recepción de Papá Noel como o show de Coda se desenvolve baixo cuberto, no auditorio. |
|
|
|
|
|
|
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|