Aproveitate de ser mozo, se queres acceder a
un montón de servicios, cultura, transportes,
aloxamentos, actividades, lecer, etc. Só
tes que poñer nas túas mans algún
dos carnés para xoves que promoven diversas
institucións e que poderás tramitar
dende a túa Concellería de Xuventude.
Carné Xove
A un prezo máis axeitado ó teu peto,
durante os próximos dous anos (2003-2005)
en España e en moitos países europeos,
co Carné Xove obterás moitas vantaxes.
¿Que necesitas?
Ter entre 12 e 25 anos (ámbolos dous inclusive),
cubri-lo impreso de solicitude, aportar unha foto
tamaño carné e unha fotocopia do
teu DNI e pagar previamente 6€. Podes usalo
en Galicia naqueles establecementos e servicios
que figuran na Guía do Carné Xove
EURO< 26, guía que se entrega de balde
co carné, e no resto das comunidades autónomas,
Ceuta e Melilla tamén, así como
nunha morea de países europeos. Todos estes
enderezos atoparalos na guía.
¿Que servicios che ofrece?
Polo feito de face-lo carné tes un seguro
de asistencia en viaxes, poderás participar
en tódolos sorteos que se fagan dende a
Dirección Xeral de Xuventude, e terás
unha gran cantidade de vantaxes nunha multitude
de servicios.
¿Onde podes obter máis información?
Nas webs www.rix.org e www.euro26.org.
Outros carnés
Ademais do Carné Xove, que podes tramitar
na nosa OMIX, ofrecémosche información
de como poder obter outros carnés que ofrecen
moitas vantaxes, coma descontos en albergues,
viaxes, cursos, etc, e son:
• Carné Máis: ten os mesmos
beneficios co carné xove pero é
para mozos/as que teñan entre 26 e 30 anos.
• Carné Alberguista Mozo, Adulto,
Grupo e Familiar: ofrécente descontos na
de Albergues de Galicia e resto de España.
• Carné alberguista para Estranxeiros
(completo e por cupón).
• Carné Teacher (ITIC).
• Carné Internacional Xove (IYTC).
• Carné Student (ISIC).