ORGANIZACIÓN
MUNICIPAL / Xuventude / Ocio e tempo libre
Ludopar: Ludotecas nas parroquias
LUDOPAR consiste nunha serie de actividades que
teñen en común a educación
non formal dentro do marco do tempo libre e que
están dirixidas a rapaces e rapazas de
entre 5 e 11 anos.
Campamentos Urbanos
Esta actividade preséntase coma alternativa
real ós tradicionais campamentos, imprimindo
un carácter creativo, plural e participativo,
dedicándolle o máximo interese á
vida en convivencia.
Esta actividade englóbase dentro do programa
Cidade Aberta, que parte da idea de que os mozos
e mozas de 12 a 15 anos fagan da cidade ou seu
proxecto, implicándose na tarefa de facer
da cidade un lugar cada vez máis accesible,
unha cidade aberta, chea de posibilidades que
se abren para a mellora da vida colectiva sobre
todo a través da apertura á participación
activa, implicando a tódolos axentes participantes.
Aproveitaremos neste Campamento Urbano o gran
potencial educativo da cidade que pode contribuír
dunha maneira importante á implicación
dos mais mozos nun desenvolvemento integral do
seu medio, pero esto sempre dende a óptica
da participación e o respecto ós
outros e ó entorno.
Traballaremos a cidade en tódalas súas
dimensións: histórica, cultural,
creativa, social e natural. Os seus obxectivos
específicos son:
• Ofrecer unha alternativa lúdica,
educativa e integrada no medio.
• Promover un maior coñecemento do
patrimonio histórico, cultural e natural
tanto da nosa cidade coma de outras: Lugo, Pontevedra...
• Facer especial fincapé na educación
medioambiental, reforzando os valores ecolóxicos.
• Potenciar a creatividade e imaxinación.
• Desenvolver a cooperación, solidariedade
e comunicación co grupo (traballo en equipo).
• Facilita-la posibilidade de autovalerse
para desenvolve-las tarefas diarias sen a protección
familiar.
• Amplia-las súas relacións
sociais (novas amistades).
• Fomenta-lo coñecemento e o respecto
polo medio urbano en tódalas súas
dimensións: cultural, histórico,
patrimonial, institucional, natural, etc...
Noites Abertas
A dinámica xuvenil xera alternativas que
fan máis plural e completo o emprego do
tempo do ocio nocturno por parte dos máis
xoves. Estas novas iniciativas incorporan valores
e actitudes non presentes na “movida”
predominante e teñen moi boa acollida nos
distintos grupos xuvenís. As “Noites
Abertas” teñen pois como obxectivo
propoñer unha liña de ocio alternativo,
na que se combinen ofertas de entretemento para
os diversos perfís dos mozos e mozas con
espacios para a educación non formal. O
destinatarios son os mozos e mozas de entre 16
e 30 anos, así como grupos e asociacións
xuvenís que desexen participar e/ou organizar
algunha das actividades previstas. A Concellería
de Xuventude convoca cada ano unhas “Noites
Abertas”, normalmente polos meses de abril
e maio.
Lectorín
LECTORÍN é un lugar para o fomento,
difusión e a animación á
lectura a través dunha serie de actividades
dirixidas a nenos/as, xoves, pais e educadores
de Vilagarcía. A través dunha metodoloxía
que pretende compatibilizar diversión,
creación e aprendizaxe buscando a mellor
distribución e aproveitamento dos recursos
da nosa cidade (librerías, editores, editoriais,
asociacións, centros educativos...) , empregando
dinámicas de grupo e participativas como
técnicas de dinamización e animación,
como medios para unha educación no tempo
libre.
Os obxectivos de Lectorín son:
• Promove-la literatura infantil e xuvenil,
concedéndolle a importancia da adquisición
dun hábito lector para a formación
a educación das persoas en xeral e dos
xoves en particular, todo elo nun marco lúdico,
a través dunha serie de actividades que
fagan da lectura unha práctica activa e
divertida da vida cotiá.
• Favorece-lo contacto de maneira periódica
de mozos/as, pais e educadores coas últimas
novidades editoriais.
• Fomenta-la lectura como medio de entretemento
e información
• Xerar hábitos de comprensión
lectora nos mais novos.
• Potencia-la sensibilidade cara os aspectos
lúdico e creativo da linguaxe escrita.
• Estimula-la percepción visual,
auditiva, espacial e temporal dos nenos/as e mozos
participantes.
• Adquirir destrezas ou habilidades específicas
relacionadas co hábito lector: vocalización,
fluidez verbal, oratoria,
• Fomenta-la capacidade creativa e imaxinativas
dos mozos.
• Favorece-la participación activa,
o traballo en equipo, o intercambio de criterios
e o desenvolvemento do espírito crítico
a través das actividades propostas.
• Practicar actividades grupais favorecendo
a comunicación, a socialización,
hábitos de convivencia e diversión
compartida.
• Potencia-la calidade e variedade da oferta
de actividades: obradoiros, conferencias, xogos,
lectura en grupo, contacontos, etc...