_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
  ORGANIZACIÓN MUNICIPAL / Xuventude / Ocio e tempo libre

Ludopar: Ludotecas nas parroquias
LUDOPAR consiste nunha serie de actividades que teñen en común a educación non formal dentro do marco do tempo libre e que están dirixidas a rapaces e rapazas de entre 5 e 11 anos.

Campamentos Urbanos
Esta actividade preséntase coma alternativa real ós tradicionais campamentos, imprimindo un carácter creativo, plural e participativo, dedicándolle o máximo interese á vida en convivencia.
Esta actividade englóbase dentro do programa Cidade Aberta, que parte da idea de que os mozos e mozas de 12 a 15 anos fagan da cidade ou seu proxecto, implicándose na tarefa de facer da cidade un lugar cada vez máis accesible, unha cidade aberta, chea de posibilidades que se abren para a mellora da vida colectiva sobre todo a través da apertura á participación activa, implicando a tódolos axentes participantes.
Aproveitaremos neste Campamento Urbano o gran potencial educativo da cidade que pode contribuír dunha maneira importante á implicación dos mais mozos nun desenvolvemento integral do seu medio, pero esto sempre dende a óptica da participación e o respecto ós outros e ó entorno.

Traballaremos a cidade en tódalas súas dimensións: histórica, cultural, creativa, social e natural. Os seus obxectivos específicos son:
• Ofrecer unha alternativa lúdica, educativa e integrada no medio.
• Promover un maior coñecemento do patrimonio histórico, cultural e natural tanto da nosa cidade coma de outras: Lugo, Pontevedra...
• Facer especial fincapé na educación medioambiental, reforzando os valores ecolóxicos.
• Potenciar a creatividade e imaxinación.
• Desenvolver a cooperación, solidariedade e comunicación co grupo (traballo en equipo).
• Facilita-la posibilidade de autovalerse para desenvolve-las tarefas diarias sen a protección familiar.
• Amplia-las súas relacións sociais (novas amistades).
• Fomenta-lo coñecemento e o respecto polo medio urbano en tódalas súas dimensións: cultural, histórico, patrimonial, institucional, natural, etc...

Noites Abertas
A dinámica xuvenil xera alternativas que fan máis plural e completo o emprego do tempo do ocio nocturno por parte dos máis xoves. Estas novas iniciativas incorporan valores e actitudes non presentes na “movida” predominante e teñen moi boa acollida nos distintos grupos xuvenís. As “Noites Abertas” teñen pois como obxectivo propoñer unha liña de ocio alternativo, na que se combinen ofertas de entretemento para os diversos perfís dos mozos e mozas con espacios para a educación non formal. O destinatarios son os mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, así como grupos e asociacións xuvenís que desexen participar e/ou organizar algunha das actividades previstas. A Concellería de Xuventude convoca cada ano unhas “Noites Abertas”, normalmente polos meses de abril e maio.

Lectorín
LECTORÍN é un lugar para o fomento, difusión e a animación á lectura a través dunha serie de actividades dirixidas a nenos/as, xoves, pais e educadores de Vilagarcía. A través dunha metodoloxía que pretende compatibilizar diversión, creación e aprendizaxe buscando a mellor distribución e aproveitamento dos recursos da nosa cidade (librerías, editores, editoriais, asociacións, centros educativos...) , empregando dinámicas de grupo e participativas como técnicas de dinamización e animación, como medios para unha educación no tempo libre.
Os obxectivos de Lectorín son:
• Promove-la literatura infantil e xuvenil, concedéndolle a importancia da adquisición dun hábito lector para a formación a educación das persoas en xeral e dos xoves en particular, todo elo nun marco lúdico, a través dunha serie de actividades que fagan da lectura unha práctica activa e divertida da vida cotiá.
• Favorece-lo contacto de maneira periódica de mozos/as, pais e educadores coas últimas novidades editoriais.
• Fomenta-la lectura como medio de entretemento e información
• Xerar hábitos de comprensión lectora nos mais novos.
• Potencia-la sensibilidade cara os aspectos lúdico e creativo da linguaxe escrita.
• Estimula-la percepción visual, auditiva, espacial e temporal dos nenos/as e mozos participantes.
• Adquirir destrezas ou habilidades específicas relacionadas co hábito lector: vocalización, fluidez verbal, oratoria,
• Fomenta-la capacidade creativa e imaxinativas dos mozos.
• Favorece-la participación activa, o traballo en equipo, o intercambio de criterios e o desenvolvemento do espírito crítico a través das actividades propostas.
• Practicar actividades grupais favorecendo a comunicación, a socialización, hábitos de convivencia e diversión compartida.
• Potencia-la calidade e variedade da oferta de actividades: obradoiros, conferencias, xogos, lectura en grupo, contacontos, etc...


OMIX
(Ofic. Mun. de Información Xuvenil)

Información
  o Atención directa
  o Autoconsulta
  o Accións externas
Asesoramento
Documentación
Difusión

INFOXOVE

Asociacionismo
Carnés para xoves
Ocio e tempo libre
Oferta formativa
Premios e concursos
Programas da Xunta
Programas europeos
Saúde e sexualidade
Subvencións
Vivenda
Voluntariado Social
Xornadas e exposicións

 

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2051  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -