ORGANIZACIÓN
MUNICIPAL / Xuventude / Oferta formativa
Na Concellería de Xuventude poderás
obter información acerca de plans de formación,
listados de cursos de formación ocupacional,
acceso de maiores de 25 anos á universidade,
ciclos formativos, Loxe, opcións no bacharelato,
universidades, postgrados, ou formación
a distancia).
Dende a Concellería convocamos cada ano
diversos cursos de formación presenciais
en colaboración con entidades públicas
e privadas. Son cursos para traballadores en activo,
funcionarios, desempregados, autónomos,
etc. Nesta mesma páxina terás información
puntual sobre cada convocatoria, ademais de nos
medios de comunicación locais.
Pero tamén existe a posibilidade de seguir
cursos vía internet. Neste caso, unha das
mellores opcións é a denominada:
Aula Mentor. É un programa
da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria da Xunta de Galicia, en colaboración
co Centro Nacional de Información e Comunicación
Educativa (CNICE) do Ministerio de Educación,
Cultura e Deporte, a través do cal se fai
unha ampla oferta de cursos mediante o uso das
últimas tecnoloxías informáticas
e audiovisuais (internet).
Destinatarios: Calquera adulto que desexe formarse
para acceder a un posto de traballo ou aumenta-lo
seu nivel cultural. Non se require titulación
previa, só ser maior de 18 anos.
Certificación: Ó supera-lo curso,
o alumno recibe unha certificación de aproveitamento
emitida pola Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria e o Ministerio
de Educación, Cultura e Deporte.
Características:
• Ensinanzas non regradas para persoas adultas.
• Formación aberta, flexible e a
distancia.
• Con titoría telemática a
través de internet.
Obxectivos
• Facilita-la oportunidade de actualiza-lo
perfil profesional.
• Potencia-lo acceso ó emprego.
• Aumenta-la formación básica.
Matrícula: O prazo de matrícula
está aberto todo o ano, excepto agosto,
e pode formalizarse en calquera Aula Mentor.
Prezo do curso: 21 euros por 30 días naturais.
A primeira matrícula é de 60 días.
Aulas: Dispoñen de recursos tecnolóxicos
avanzados, como ordenadores, número de
conta en internet para cada alumno, CD-ROM, vídeos,
biblioteca, etc. Nelas un profesor-administrador
axuda ós alumnos nas súas conexións
á rede, na comunicación co titor
e en todo o que facilite o proceso de aprendizaxe.
Funcionamento:
• O horario de asistencia á aula
acórdase co profesor-administrador dos
centros EPA.
• O alumno recibe unha conta de conexión
gratuíta a internet e non necesita asistir
á aula, excepto para realiza-la proba final
presencial.
• Os cursos poden iniciarse calquera día
do ano escolar e cada alumno leva o seu ritmo
de aprendizaxe.
• O titor non está na aula, comunícase
co alumno por correo electrónico e contesta
en 24 horas a tódalas dúbidas.