ORGANIZACIÓN
MUNICIPAL / Xuventude / Premios e concursos
Concurso de cartas e poemas de amor
Cada ano, a Concellería de Xuventude convoca,
con motivo da festividade de San Valentín
Valentín, o día 14 de febreiro,
un Concurso de Cartas e Poemas de amor, de acordo
coas seguintes bases:
• Poderán participar tódalas
persoas maiores de 15 anos.
• A temática das cartas e poemas
será obrigatoriamente amorosa
• texto será necesariamente orixinal,
quedando fóra de concurso aqueles traballos
que sexan plaxio dalgún autor.
• Quedará deserto o premio no caso
que os traballos non teñan a calidade requirida.
• As cartas e poemas non poderán
exceder a extensión de dous folios por
unha cara.
• As obras deberán presentarse no
rexistro do Concello, en sobre totalmente pechado,
indicando no exterior se trata dunha carta. Os
datos do concursante figurarán noutro sobre,
tamén pechado, que se introducirán
no que contén o traballo. (Non se admitirá
outro tipo de embalaxe)(Horario de rexistro: de
8,30 a 14,30 h.)
• Non poderán participar neste concurso
o persoal do Concello, familiares, así
como membros do tribunal e familia.
• Cada concursante poderá presentar
varios traballos, sendo de aplicación para
cada un deles o sinalado no parágrafo anterior.
• Os obras premiadas serán publicadas
nos medios de comunicación da Comunidade
Galega.
O prazo para a presentación de orixinais,
a composición do xurado e a contía
dos premios establécese cada ano.