ORGANIZACIÓN
MUNICIPAL / Xuventude / Xaude e sexualidade
Dada a especial importancia destes temas, a Concellería
de Xuventude puxo en marcha a partires de febreiro
de 2003 unha serie de obradoiros de educación
afectivo-sexual nos centros educativos de Vilagarcía
, destinados a alumnos de 1º de ESO.
Comprobada a existencia dun profundo descoñecemento
por parte dos adolescentes de conceptos fundamentais
en relación á sexualidade, e así
mesmo, unha gran cantidade de crenzas erróneas
en torno a este tema, esta serie de obradoiros
establece como obxectivo xeral a de divulgar a
necesidade de fomentar unha sexualidade responsable
dende a adolescencia, destacando o interese por
corrixir certos déficits de información
que distorsionan os coñecementos sobre
a sexualidade do adolescente.
Entre os obxectivos específicos, resaltamos
catro áreas de actuación diferenciadas:
• A importancia do desenvolvemento e os
cambios corporais na adolescencia: cambios físicos
e psíquicos
• Explica-la existencia dunha enorme cantidade
de estereotipos e mitos sexuais: sexo e xénero
• desenvolvemento dun novo concepto do mozo/a
adolescente: A autoestima.
• A SIDA e as Enfermidades de Transmisión
Sexual (ETS): Métodos de prevención.