Un dos obxectivos do Plan de Vivenda 2002-2005
é facilitar ós máis xoves
menores de 35 anos o acceso á súa
primeira vivenda. Para conseguilo, o Plan contempla
unha serie de axudas para a adquisición
de vivendas protexidas novas:
Axuda directa á entrada: Cantidade que
o mozo/a recibe do Estado a través da entidade
financeira no momento da compra da vivenda.
Subsidio do préstamo: Cantidade, expresada
na porcentaxe da cota de amortización do
préstamo hipotecario (capital e intereses),
que o Estado aboa por conta do mozo.
Axuda especial xoves: Os xoves de ata 35 anos
recibirán ademais unha axuda especial de
3.000 € para a adquisición da súa
vivenda. Esta axuda é ingresos según
a outras axudas.
Tramos
de ingresos
según nº de veces S.M.I
Axudas
Entrada
% prezo vivenda
Subsidiación
% cota
mensual préstamo
<1,5
11%
20% (10 anos)
>1,5>2,5
8%
15%(10 anos)
>2,5<3,5
5%
10% (5 anos)
>3,5<4,5
-
5% (5 anos)
Respecto ó fomento da vivenda en aluguer,
o Plan, por unha parte, incrementa a axuda á
promoción (ata un 20% de subvención
e 50% de subsidiación durante 5 anos e
o 40% durante os 15 seguintes). Por outra banda,
limita o aluguer máximo ó 4% do
prezo da vivenda. É dicir, para unha vivenda
de 70 metros cadrados, o aluguer, salvo nos municipios
singulares, non alcanzará os 180 €
ó mes.
Ademais, os inquilinos, pasados 10 anos de réxime
de aluguer da vivenda, poderán optar, mediante
acordo co propietario, pola compra da vivenda,
a prezo de protección oficial, sempre que
estiveran nel os últimos 5 anos.