O tríatlon regresa o vindeiro domingo, 5 de maio, a Vilagarcía coa celebración do XIII Tríatlon Concello de Vilagarcía- Campionato Galego por equipos contra reloxo, un evento deportivo que contará coa participación de 81 equipos masculinos e femininos das categorías absoluta, open e escolar. O evento organizado pola Fundación Municipal de Deportes volverá a ter como epicentro Vilaxoán, xa que a proba de natación realizarase en augas do peirao desta localidade e alí establecerase tamén a liña de saída e meta dos circuítos das carreiras ciclista e pedestre. |