Anni B Sweet, a compositora e músico malagueña que nos últimos anos tense convertido nunha das grandes revelacións do panorama musical español e mesmo internacional, súmase ao cartel de concertos confirmados para as festas de San Roque 2024, en cuxo programa vén traballando dende hai meses a Concellería de Cultura que dirixe Sonia Outón. Anni B Sweet estará acompañada pola súa nova banda coa que se subirá ao escenario da Xunqueira o domingo 18 de agosto, ás 22:30. Como vén sendo habitual, o espectáculo terá carácter gratuíto. Catro días antes, o 14, na Xunqueira estará tamén Guadi Galego. |