A banda de música de Vilagarcía xa ten todo listo para o que será unha das súas principais citas do ano co seu público, o Concerto de Fin de Ano, que chega á súa décimo quinta edición. Será o vindeiro luns, 30 de decembro, a partir das 20:00 horas, no auditorio municipal. As entradas xa se puxeron á venda o venres e continúa na mañá de hoxe, sábado, na propia billeteira do auditorio. As que resten poranse a disposición do público o mesmo luns, dende as 6 da tarde. Os prezos son: 5 euros para as zonas A e B e 4 para a C, sen gastos de xestión, posto que a venda é directa. |