|
CONCELLO
Urbaser asume a limpeza do día Festa da Auga cun dispositivo que implica a 72 persoas e diversa maquinaria |
|
Dando cumprimento ao novo contrato do servizo, a empresa concesionaria da limpeza viaria e recollida de lixo en Vilagarcía, Urbaser, asumirá este ano na súa totalidade as labores de limpeza o día da Festa da Auga. Para o desenvolvemento do dispositivo especial deseñado para unha xornada de celebracións multitudinarias a pé de rúa, a empresa mobilizará a 72 persoas e unha importante dotación de vehículos e maquinaria, que traballarán en tres quendas dende as 7 da mañá do 16 de agosto ata as 4 horas do día 17 a efectos de que Vilagarcía presente a súa mellor imaxe durante os actos festivos e de que cidadáns e visitantes poidan gozar deles en óptimas condicións. |
|
|
|
|
|
|
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|