Unha comedia sobre as vacacións de verán é a película elixida para proxectar este mércores, 24 de xullo, no barrio das Pistas no marco do programa Fantasio na Rúa que organiza a Concellería de Xuventude. Trátase do film de produción española “¡Vaya vacaciones!” que se proxectará na rúa Camilo José Cela a partir das 22.00 horas. Unha divertida historia para todos os públicos dirixida en 2023 por Víctor García León e protagonizada por Toni Acosta, Ernesto Sevilla, Tito Valverde, Gracia Olayo, Daniela Rubio, Manuel Burque e Ramón Barea. |