A aula Cemit de Matosinhos, que xestiona a Xunta de Galicia coa colaboración do Concello, acollerá os días 20 e 21 de novembro dos exames que facilita a calquera persoa interesada obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais (Comdix). Trátase dun recurso que permitirá demostrar, ante calquera institución, empresa ou persoa, o nivel de aptitude no uso das tecnoloxías dixitais. O exame dura dúas horas, entre as 10:00 e as 12:00, e as prazas previstas para cada día, 20. Os únicos requisitos son ter máis de 16 anos e inscribirse previamente, ben no propio Cemit presencialmente (de 9 a 14 horas todos os días da semana) ou ben telematicamente: https://cemit.xuntal.gal/es/centros/vilagarcia . |