A Asociación Cultural Galicia Fermosa promove a 1ª Romaría “Lombos da Ulla”, unha iniciativa lúdica e reivindicativa que se desenvolverá o sábado 27 de xullo na privilexiada contorna da praia do Campanario, en Bamio. Unha festa popular aberta á participación de todo o mundo e que, con música e alegría, nace co obxectivo de poñer en valor Bamio, concienciar contras as agresións medioambientais que sofren os Lombos do Ulla e reivindicar a protección e coidado deste fermoso e produtivo paraxe. A celebración conta coa colaboración das Mulleres Rurais de Bamio e do Concello de Vilagarcía. |