A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas vén de comunicar ao Concello de Vilagarcía a aprobación definitiva da modificación puntual nº 11 do PXOM de Vilagarcía, o trámite necesario para poder levar a cabo a ampliación da depuradora de augas residuais de Ferrazo. Rematado todo o procedemento urbanístico, os últimos pasos a dar para ver completada a actuación quedan en mans da Xunta de Galicia, a quen corresponde presentar o proxecto definitivo ante o Concello para xestionar a licenza de obra, licitar e executar os traballos. |