|
AVISOS
O mércores remata o prazo de inscrición para poder participar na batalla de flores a bordo das carrozas |
|
A Concellería de Cultura lembra que o mércores, 7 de agosto, é o último día para que a rapazada de 5 a 15 anos de idade poida anotarse para participar na batalla de flores das Festas de San Roque a bordo das carrozas reservadas polo Concello. O único requisito para poder participar é que os nenos e nenas vaian vestidos acorde á decoración dos vehículos, cuxas temáticas estarán relacionadas co mundo do mar. Os interesados deben presentar as súas solicitudes a través da sede electrónica do Concello (sede.vilagarcia.gal) ou no Rexistro Xeral, neste caso, de luns a venres de 8.30 a 13.45 horas. O formulario para anotarse pode obterse da sede electrónica ou do taboleiro de anuncio da web http://www.vilagarcia.gal |
|
|
|
|
|
![](images/banner-identidade.gif) |
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
![](images/trans.gif) |
|
![](images/trans.gif) |
|
|
![](images/trans.gif) |
|
|
|