O Concello de Vilagarcía, por iniciativa do televisivo Borja Santamaría, acollerá entre os días 6 e 8 de decembro, é dicir, a fin de semana da Constitución, o 32 Congreso da Asociación Española de Eurovisión. Á cita acudirán arredor de cen eurofans de todo o país. Será tres días cheos de actividades, moitas abertas ao público, incluído un concerto de cantantes que participaron no festival. O concelleiro de Turismo, Álvaro Carou, destacou o feito de que encontros como este contribúen a desestacionalizar a oferta e a difundir a imaxe da cidade en todo país. |