A oitava edición dos bonos Son da Casa está a piques de rematar e hai aínda sen gastar 3.830 tikects, entre os de 10 e os de 5 euros. De saída foran 15.000 os editados, distribuídos en 3.750 packs de catro bonos cada un. Isto significa que hoxe, a cinco días de que expire a súa validez, aínda hai 27.515 euros dos 112.500 totais sen investir. E, ao respecto, dende o concello lémbrase que nesta ocasión non haberá prórroga posible, a diferenza de anteriores campañas: quen non gaste os seus bonos antes do 1 de xaneiro perderá tanto o diñeiro investido -20 euros por pack- como a aportación do concello -10 euros máis-. |