O Concello de Vilagarcía leva investidos 1,8 millóns de euros en 34 proxectos de servizos básicos no que vai de mandato. En metros lineais sería equivalente a renovar o saneamento, abastecemento de auga e asfaltado dende a casa consistorial ata o hospital do Salnés. Así o explicou hoxe o alcalde, Alberto Varela, trala visita ás obras realizadas no camiño da Regueira, en Fontecarmoa. Foron 95.000 euros financiados a través do plan +Provincia da Deputación. |