“Diver Bounce”, un dos parques de atraccións inchables máis grandes de España, chega este sábado ao recinto feiral de Fexdega. Con máis de 500 metros cadrados de superficie, a instalación ofrece 8 zonas de xogo diferenciadas e adaptadas aos diferentes tramos de idades dos participantes. A atracción poderá visitarse do 14 ao 22 de setembro en horario de mañá os días laborais 17 a 20 horas) e de mañá e tarde sábados e domingos (de 11 a 14 e de 17 a 30 horas). As entradas, para sesións de media ou de unha hora, poden adquirirse a partir de 9 euros a través da web ticketrona.com ou comprar á entrada do recinto. |