A Concellería de Medio Ambiente continúa proxectando melloras no Parque da Coca. Despois de contratar a redacción do proxecto para restaurar a pérgola que cubre o parque infantil, agora vén de ordenar a compra do material necesario para arranxar a ponte peonil de madeira que existe no paseo fluvial. A Xunta de Goberno Local xa aprobou o gasto para esta actuación, suma que ascende a 7.570 euros. Os traballos realizaranse tan pronto como sexa subministrado o pedido. |