A Xunta Local de Seguridade do Concello de Vilagarcía celebrou esta mañá a súa reunión anual para organizar o dispositivo de seguridade e emerxencias de cara á multitudinaria Festa da Auga e ás celebracións da madrugada anterior. Copresidida polo alcalde, Alberto Varela, e a subdelegada do goberno accidental, María Isabel Alonso, na reunión participaron a concelleira de Seguridade Cidadá e Sanidade, Tania García, así como os responsables da Policía Nacional provincial e local, da Garda Civil, da Policía Local, do Servizo Municipal de Emerxencias, do Sergas e do CIM. |