Os xardíns de Ravella acolleron este mediodía a presentación da décima edición do Festaclown, o festival circense que xa é unha cita ineludible no marco das Festas de San Roque, e que este ano regresa cun espectáculo olímpico protagonizado polas entidades sociais da cidade, coa presenza de grandes compañías nacionais e internacionais, e cun talante máis reivindicativo que nunca, pedindo o cese da violencia contra o pobo palestino. |