Vilagarcía segue de festa ata a última fin de semana de agosto, días nos que o Concello aínda ten programados diversos actos lúdicos e culturais. Entre eles, a Noite das Meigas, que regresando a súa data tradicional, celebrarase o último sábado do mes para encher de maxia e ledicia as rúas peonís do casco urbano. Dez poboados meigos emprazaranse nos lugares habituais para alegrar a velada con música, disfraces, rosquillas e queimada. A actividade organizada pola Concellería de Cultura conta coa colaboración de dez asociacións do municipio que se encargan de dar vida e ambientar as aldeas. |