A Fundación Municipal de Deportes do Concello de Vilagarcía de Arousa clausurou o xoves pola noite o XXII Torneo de Tenis de Verán 2024 co acto de entrega de trofeos aos vencedores nas distintas categorías. Na edición con maior participación, 131 xogadores, e na que se celebraron máis de 100 partidos polo sistema de eliminación, proclamáronse campións na máxima categoría Alba Sánchez e Daniel Rivas. O concelleiro de Deportes e presidente a Fundación, Carlos Coira, foi o encargado de entregar os premios. |