Un total de 58 parellas escolleron o concello para oficializar o seu matrimonio ao longo de 2024. A cifra é inferior ao do ano pasado, con 70 casamentos, e queda lonxe do récord dende que hai rexistros, o 2022, con 79. Nesta ocasión, quen máis oficios dirixiu foi o alcalde, con 19, seguido de Álvaro Carou (15). Do grupo de goberno tamén presidiron as cerimonias Paola María (6), Sonia Outón (5), Lino Mouriño (4), Diego García (2) e Tania García (1). Nos grupos da oposición destacaron Ana Granja (3), Raúl Santamaría (1) e Elena Suárez (1), os tres do Partido Popular, e Rosa Abuín (1), do BNG. O portavoz de EU non oficiou ningunha. |