Ante un bo número de veciños e coa representación das forzas vivas da localidade, a Praza da Liberdade acolleu este mediodía a presentación da nova e flamante escuadra de xigantes e cabezudos de Carril. Tras unha acción promovida polas comisións de festas de Santiago Apóstolo e San Fidel, e coa colaboración de institucións públicas e entidades privadas, os cabezudos puideron estrear vestiario e incorporar dúas novas figuras: a do cura Manuel Cotelo, e a da Bígara, unha nena con síndrome de Down que actualiza a tradición popular aportando diversidade e dando exemplo de integración das persoas con necesidades especiais. |