O Concello de Vilagarcía ven de executar un importante proxecto de actualización das súas infraestruturas dixitais. A actuación consistiu na renovación do Centro de Proceso de Datos municipal, o que permitiu modernizar e mellorar o funcionamento de todos os sistemas informáticos que o integran e, con isto, optimizar o funcionamento, as xestións e o traballo da administración local. A iniciativa desenvolveuse a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado con fondos europeos do programa Next Generation. |