O auditorio de Vilagarcía acollerá o vindeiro venres un espectáculo para todos os públicos nos que se mesturará a maxia co humor, o malabarismo e o teatro. Trátase do "Especial Nadal" do polifacético artista vigués Cayetano Lledó, que ten actuado en moitos países do mundo e posúe numerosos premios pola orixinalidade das súas propostas. O espectáculo comezará ás 18:00 horas, con entrada gratuíta e libre, sen reserva e ata completar aforo. Está dirixido a toda a familia, dende nenos de dous anos ata os seus avós ou bisavós. |