A exitosa película “Barbie”, dirixida pola británica Greta Gerwig, abre este martes, ás 22:00 horas, o ciclo “Fantasio na rúa” que, durante un mes e con catorce cintas, levará o cine a todos os cascos urbanos, pero tamén aos barrios e parroquias e sempre o a aire libre. A xira comeza na noite de mañá nos xardíns de Ravella e concluirá o 14 de agosto, en plenas festas de San Roque, con “Pinocho”, de Guillermo del Toro, en Cea. |