Vilagarcía e Arousa estarán dende o venres 24 de xaneiro aínda máis e mellor conectados coa capital de España, unha vez que Renfe acaba de ampliar de 3 a 7 os días da semana en que o AVLO das 6:36 da mañá sairá en traxecto directo cara Madrid, a onde ten a súa chegada ás 10:34. Con esta medida, a cidade, e con ela todo o seu hinterland, xa de dispón de tres trens directos con ida e volta no mesmo día, e catro máis que precisan de transbordo en Santiago: catro de ida e tres de volta. |