375 corredores tomarán parte este sábado, 27 de xullo, na vixésima edición da Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía. A tradicional proba de verán organizada pola Fundación Municipal de Deportes, contará con participantes de todas as idades repartidos nas respectivas categorías e que correrán traxectos adaptados aos seus anos. Na proba absoluta están inscritas 233 persoas que deberán cubrir unha distancia de 10 quilómetros. |