Vilagarcía, 31 de xaneiro 2025.- Un total de 212 estudantes recibirán a Axuda Municipal de Estudo do curso 2023-2024 que convocou o Concello de Vilagarcía. A partida ascendía a 68.000 euros e esgotouse na súa totalidade debido ao aluvión de solicitudes recibidas, un total de 253, un 20% máis que en anos anteriores. A concellería de Educación, dirixida por Paola María, comprometeuse a aumentar a contía para que non quede ningunha solicitude sen atender.