Alberto Avendaño (Vigo, 1957) será o sucesor de María Foscaldo, “La repunante”, como pregoeiro de San Roque. O escritor e xornalista, afincado en Vilagarcía dende hai uns anos tras regresar de Estados Unidos, onde desenvolveu unha exitosa carreira profesional, sairá ao balcón da casa consistorial o mércores 14 de agosto, ás 20:30 horas. Despois, como vén sendo tradicional, haberá un desfile de asociacións e colectivos que farán unha ofrenda floral ao santo diante da igrexa e, xa pola noite, Guadi Galego protagonizará o primeiro dos grandes concertos (22:30), que se complementará cunha sesión de La Duendeneta na Alameda a partir das 23:30 horas. |