Dende esta tarde e ata dentro de tres ou catro días, a circulación pola avenida de Rosalía de Castro ao seu paso pola praza da Constitución verase lixeiramente modificada. A causa é o valado que esta mesma tarde quedará instalado diante do vello asilo. O risco de derrube dalgunha das súas paredes obriga a realizar obras de apontoamento, a fin de evitar que poida virse abaixo.