.- O Concello de Vilagarcía informa de que se amplía ata o día 20 de setembro o prazo para inscribirse no curso sobre de Competencias Clave destinado a mulleres en situación de vulnerabilidade e que organiza a Área de Igualdade. A actividade ten como obxectivo mellorar o acceso á formación profesional acreditada e á empregabilidade das alumnas e impartirase do 1 de outubro ao 25 de novembro. A participación é de balde e ofértanse 15 prazas.