|
CULTURA
A Sociedade Filarmónica pecha o ano cun concerto lírico gratuíto no que soarán cancións napolitanas, romanzas de zarzuela e arias de ópera |
|
A Sociedade Filarmónica de Vilagarcía pechará o ano cun gran concerto lírico no que soarán coñecidas cancións napolitanas, romanzas de zarzuelas e arias de ópera. O recital estará protagonizado polo tenor arxentino José Simerilla, que xa ten cantado en algúns dos máis importantes teatros do mundo, e a pianista norteamericana Sophia Muñoz, unha habitual acompañante, en directo e en gravacións de discos, dalgúns dos principais intérpretes líricos do panorama actual. O espectáculo comezará ás 20:30 horas deste venres, día 13, no auditorio e terá carácter gratuíto grazas ao patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. A entrada e libre ata completar aforo. |
|
|
|
|
|
|
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|