O éxito fulgurante da posta á venda, hai unha semana, das entradas para as funcións de despedida de “Somos criminais”, con Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán, levou aos aclamados cómicos a programar unha terceira sesión. Así, o venres 8 de novembro será ás 20:30 (como estaba previsto) e o sábado 9, ás 18:30 (a nova incorporación) e 21:00. Nas funcións previstas inicialmente quedan unhas poucas entradas soltas e case todas de xeito individual. Os prezos van dende os 15€, para a zona C, aos 18 para as B e A (16,20 e 19,44 con gastos incluídos ao adquirilas a través da plataforma ataquilla.com). De non esgotarse, as últimas se venderían na billeteira do auditorio dende dúas horas antes do espectáculo, neste caso sen gastos de xestión. |