O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) comezou hoxe unha serie de prospeccións na zona Sur do Castro de Alobre coa intención de coñecer a verdadeira extensión do xacemento. A execución dos traballos faise a través do Instituto de Ciencias de Patrimonio, baixo a dirección técnica do arqueólogo Carlos Otero, Vilariño e a científica de César Parcero Oubiña, doutor en Historia e científico titular do CSIC. Ambos, Otero e Vilariño, son, xunto co Felipe Criado, os autores do atlas arqueolóxico da paisaxe galega. |