|
CULTURA
Os versos máis fermosos da poesía galega florecen con música no espectáculo do FalaRedes |
|
A poesía galega é a materia prima que dá corpo e alma ao espectáculo “Cantigaéverso” que o programa de dinamización lingüística FalaRedes trae o venres, 2 de agosto, a Vilagarcía. Francisco Castro e Federico Welicki protagonizan esta experiencia na que os versos máis fermosos da nosa lírica florecen e cobran aínda máis intensidade a través de versións musicadas. A función comeza ás 20.30 horas e a entrada é libre e de balde. |
|
|
|
|
|
|
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|