O salón de Plenos do Concello de Vilagarcía acolleu esta mañá a presentación pública de Dronámbulos, unha asociación centrada no uso e manexo de drons, tanto con fins lúdicos como profesionais. Este novo colectivo xurde como iniciativa do grupo de persoas que participou no curso de pilotaxe de drons organizado hai uns meses pola Concellería de Emprego do Concello no marco da súa estratexia de proporcionar formación en novos campos e tecnoloxías para favorecer a saída laboral nestes novos nichos de traballo. Ademais da directiva da asociación, asistiron ao acto o alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Emprego, Álvaro Carou. |