Vilagarcía, 17 xaneiro de 2025.- O Concello de Vilagarcía vén de rematar as obras de mellora da rúa Canto, en Faxilde. Esta acción enmárcase dentro dun plan de acondicionamento da rede viaria no rural, no que xa se levaron a cabo actuacións en corenta camiños. Ademais, o actual presuposto municipal inclúe unha partida de 400.000 euros para seguir avanzando en materia de mantemento e seguridade viaria. |