Vilagarcía, 16 xaneiro de 2025.- O organigrama do goberno municipal do Concello de Vilagarcía vén de reestruturarse debido á saída de Lino Mouriño da corporación, por motivos persoais. A súa carteira, a Concellería de Servizos e Medio Rural, será asumida por José María González, cuxo nomeamento xa está autorizado pola Xunta Electoral, e que tomará posesión no pleno ordinario de finais de mes. |