O parque do Cavadelo servirá mañá, ás 22:00 horas, de punto de saída dun novo paseo nocturno en bici. Como nos últimos anos, o acto está organizado pola Asociación Arousa en Bici e o Concello de Vilagarcía. O ano pasado participaron máis de duascentas persoas de todas as idades. Asociación e concello convidan a vilagarciáns e visitantes a superar esa marca. Ao final haberá sorteo de accesorios para as bicicletas. |