Os traballos de renovación da herba artificial do campo Manuel Jiménez avanzan a moi bo ritmo. Tan só dúas semanas despois de terse iniciado a retirada do tepe vello, o terreo de xogo recuperou a cor verde coa nova cobertura xa estendida case na súa totalidade. Nestas circunstancias, o prazo fixado pola adxudicataria, a empresa Mondo, para ter rematada a actuación a finais do mes de xullo ou principios de agosto, incluso podería adiantarse un días, facilitando así o regreso dos clubs deportivos para o inicio da pretemporada. |