O Concello de Vilagarcía viviu un verán de récord, cando recibiu 198.000 visitantes. Destes, 42.000 se consideran turistas (aqueles que pernoctaron), o que supón un incremento do 35% respecto do ano anterior. Os datos, avaliados pola Mancomunidade do Salnés a través dunha aplicación que se basea no tráfico de teléfonos móbiles, supoñen un referendo ás políticas desenvolvidas polo goberno local, segundo valorou o alcalde, Alberto Varela. “Vilagarcía é unha cidade atractiva, activa e dinámica e as cifras así o reflicten”, resumiu. |