|
CULTURA
Chaves presenta na Rivas Briones “Terra”, unha mostra retrospectiva e monográfica inspirada na natureza |
|
“Terra. Un itinerario pictórico pola natureza” é o título da exposición de Xaquín Chaves que se pode visitar desde hoxe na sala Antón Rivas Briones. Trátase dunha mostra pictórica monográfica e de carácter retrospectivo, inspirada na natureza e coa que o autor volve a amosarse ao público de Vilagarcía. Con ela, “un dos artistas máis representativos e relevantes de Vilagarcía”, en palabras do alcalde, Alberto Varela “regresa a súa casa, a esta sala municipal que ten como obxectivo amosar e promocionar a obra do gran talento artístico que temos na nosa cidade e do que Chaves é un dos seus máximos expoñentes”. |
|
|
|
|
|
|
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|