|
CONCELLO
Vilagarcía recadará fondos para os damnificados da guerra de Ucraína cunha andaina e unha carreira solidarias |
|
Vilagarcía segue dando mostras de solidariedade, neste caso coa poboación de Ucraína e a través dunha iniciativa deportiva organizada pola asociación Arousa Moza e AGA-Ucraína en colaboración co Concello de Vilagarcía. Trátase da I Carreira e Andaina por Ucraína que se desenvolverá o sábado 21 de setembro pola tarde co obxectivo de recadar fondos para destinar á adquisición de audífonos e próteses para persoas feridas no conflito bélico. A iniciativa enmárcase no proxecto europeo Futuro Sereno, a través do que se desenvolven outras accións solidarias en España e Polonia. A inscrición e os donativos pódense facer a través da web emesports.es |
|
|
|
|
|
|
4Participación
CIDADÁ |
_ |
_ |
_ |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|