Vilagarcía, 24 xaneiro 2025.- A concellería de Cultura, dirixida por Sonia Outón, vén de crear un formulario específico para que as asociacións veciñais e comisións de festas poidan solicitar a actuación da Banda de Música Municipal este 2025, no marco do convenio que firma anualmente co Padroado da Banda de Música de Vilagarcía. O obxectivo desta decisión é “para facilitar e ordenar o trámite. Anteriormente, facíase a través dunha instancia xenérica, agora créase unha solicitude concreta para este fin”, explicou a concelleira. |